Saturday 18 de May de 2024

O alcalde de Ribeira e o concelleiro de Sanidade visitan Sálvora tras os traballos de mantemento do obradoiro de carpintería da UAD


O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones, acudiron hoxe á Illa de Sálvora para visitar os traballos de mantemento elaborados polos alumnos do obradoiro de carpintería da UAD.

Os alumnos do obradoiro estiveron realizando tarefas de mantemento na Illa de Sálvora durante os meses de verán. Estes labores incluíron o mantemento das sinalizacións do parque e tamén a restauración de elementos do Pazo, hórreos e mobiliario das casas.
“Este obradoiro non só lle brinda a posibilidade de aprender un oficio, senón que tamén lle proporciona unha vía para desenvolver a disciplina e a responsabilidade persoal; aspectos cruciais para a súa recuperación e reintegración” destacou o concelleiro Juan Luis Furones.

Pola súa parte, o rexedor destacou e agradeceu “o traballo de restauración das estruturas de madeira e a recreación do mobiliario das casas e os hórreos; que permite conservar a historia da Illa e contribúe a poñer en valor o noso patrimonio”.